Sunday 12 de May de 2024

Abegondo acolleu a X Andaina contra a Violencia de Xénero do Consorcio


Abegondo acolleu a X Andaina contra a Violencia de Xénero do Consorcio baixo o lema, “Ante a Violencia de Xénero As Mariñas di NON”.

Decenas de persoas percorreron un roteiro que bordeu o encoro de Cecebre e que rematou na Cidade Deportiva onde tivo lugar a lectura dun manifesto conxunto. O alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, presidiu o acto xunto co resto de alcaldes do Consorcio.